Escoitar

Caballero reitera a importancia dos intérpretes para as mulleres vítimas de violencia de xénero

Os días 25 e 26 de setembro, expertos de sete universidades españolas daránse cita en Vigo para participar no I Congreso Internacional SOS Vics, un evento da "maior importancia" porque ten como obxectivo facilitar a comunicación de vítimas de violencia de xénero con xuíces ou policías, xa que un número moi importantes destas mulleres ten moitas dificultades de comunicación.

mércores, 3 set 2014
1409750136VIOLENCIA.JPG
O alcalde cualificou hoxe de "moi importante" o I Congreso Internacional SOS Vics para estudar a actuación dos intérpretes coas vítimas de violencia de xénero e que se vai celebrar en Vigo os días 25 e 26 de setembro. En declaracións aos medios, Caballero alertou de que moitas destas mulleres veñen de fora e non falan español o que lles xera moitas dificultades de comunicación con xuíces e policía. A de Vigo é unha das sete universidades de España que forman parte deste proxecto, destacando a importancia destes profesionais porque son a voz das vítimas no noso país. Na súa opinión, a nova lei d enxuizamento criminal que se está a redactar, debería incluir a figura do traductor.
Descargar todas as imaxes