Escoitar

O Concello inviste máis de 600.000 euros na remodelación da rúa Ronda de Don Bosco

Abel Caballero trasladou hoxe que a remodelación de Ronda de Don Bosco, xunto coa próxima inaguración do mercado de O Progreso, permitirán revitalizar o comercio da zona. Os traballos de humanización prologaránse durante 5 meses e superarán os 600.000 euros.<br />

mércores, 3 set 2014
1409749945DONBOSCO.JPG
O alcalde de Vigo achegouse esta mañá á Ronda de Don Bosco onde se están a acometer traballos de humanización por valor superior aos 600.000 euros. Tal e como detallou o rexedor, a actuación será de case 2 kilómetros, renovaránse e ampliaránse beirarrúas, ademais do abastecemento e do saneamento. Colocaránse 13 luminarias, 5 xardineiras, 21 árbores, 3 bancos e 4 papeleiras.

Caballero explicou que estes traballos rematarán en aproximadamente cinco meses, para que a humanización esté realizada cando se rematen as obras do mercado de O Progreso. Durante a súa comparecencia cos medios, o rexedor amosou un anaco de tubería en moi mal estado o que ratifica a necesidade de acometer esta obra.

Ao mesmo tempo, o rexedor avanzou a intención do goberno de revitalizar o comercio da zona, engadindo que, unha vez rematadas as obras, estudiarase a posibilidade de modificar o tráfico, pechando á circulación a rúa Manuel Núñez desde Ecuador a Príncipe, dirixindo ese tráfico á Ronda de Don Bosco.

Descargar todas as imaxes