O goberno de Vigo aproba proxectos de mellora en parroquias por 424.000 euros
O alcalde informou da aprobación das memorias valoradas das obras de mellora das redes de servicios e do pavimento en rúas de Alcabre, Matamá, Navia, Coruxo, Saiáns, San Roque, Sárdoma, Valadares, Cabral, Comesaña e Castrelos, por un importe total de 424.000 euros. Caballero datou para finais do verán o inicio das reformas.
As melloras aprobadas afectarán á rede de servizos soterrada e ao pavimento de rodadura e peonís en 11 viais das parroquias da cidade, obras que poderían dar comezo a finais do verán, segundo indicou Caballero.
O goberno local actuará na Avenida Atlántida, na rúa Entrada á Balsa, na rúa Bravo, no Camiño Oia e Rozo, na rúa Eira Vella, na Subida á Rola, na Estrada Marco, no Camiño Pinguela, na rúa Santa Mariña, no Camiño Pedreira e no Camiño Fondo, cun importe total de 424.000 euros.
Bono-taxi
A Xunta de Goberno Local celebrada este venres tamén outorgou ás subvencións do bono-taxi, achegas económicas municipais para persoas que teñen gravemente afectada a súa mobilidade e non poden usar con carácter xeral o transporte público colectivo.
O Concello deu axudas a 100 usuarios por importe total de 25.000 euros, tal e como informou o alcalde. Caballero salientou que este ano a cantidade a adxudicar depende de capacidade adquisitiva do usuario, cun mínimo de 100 e un máximo de 300 euros.
Outros acordos
O goberno de Vigo deu luz verde asemade ao plan de ocupación e explotación dos servizos nas praias, do 1 de xuño ao 30 de setembro, explicou Caballero. Autorízanse once quioscos, nas praias da Punta, Santa Baia, Argazada, a ETEA, dous en Tombo do Gato e no Vao, e tres en Samil.
O Concello aprobou ademais o control de calidade das obras de construción da primeira fase das escaleiras mecánicas que unirán a Porta do Sol con Abeleira Menéndez, na parte alta do Casco Vello vigués.