xoves, 22 mai 2014
Abel Caballero firmou hoxe xoves un convenio coa Rede de Mulleres polos Malos Tratos, que supón un apoio económico por valor de 13.500 euros destinados a promover as actividades da rede e á loita pola igualdade e contra a violencia de xénero. Esta subvención, compleméntase con outras actividades municipais na defensa das mulleres vítimas de malos tratos como é o Centro de Emerxencia para toda Galicia, financiado integramente polo Concello.
xoves, 22 mai 2014
Así o anunciou este xoves o alcalde, quen explicou que as obras de rehabilitación do antigo chalé Mirambel van "a moi bo ritmo" e concluirán entre o 10 e o 15 de xuño. A apertura do Centro é unha "moi boa cuestión para a cidade", salientou, por dar a coñecer a presenza da cultura romana na cidade de Vigo.
xoves, 22 mai 2014
Abel Caballero quixo facer esta mañá un especial recoñecemento aos patrocinadores privados do Rally Internacional Rías Baixas "nestes tempos tan difíciles". Durante a presentación da 50 edición desta proba, tamén felicitou aos organizadores e fixo un especial chamamento á preservar á seguridade do público.
xoves, 22 mai 2014
A praza de Compostela acolle a Feira do Libro Novo de Vigo entre os días 23 de maio e 1 de xuño que contará coa presenza das dúas bibliotecas públicas da cidade, a Biblioteca Pública Juan Compañel maila Biblioteca Municipal "Neira Vilas".