Escoitar

O Concello achega máis do 70% do orzamento anual do Cedro, "cubrindo os recortes da Xunta"

O alcalde de Vigo explicou hoxe mércores que en 2013 o Concello achegou case o 71% do orzamento de CEDRO, sendo a asistencia sanitaria unha competencia exclusiva da administración autonómica. Tal e como indicou, as achegas da Xunta pasaron de 695.357 en 2009 euros a 454.067 euros en 2013, mentres que o Concello suple eses recortes aumentando as súa achegas ano tras ano.

mércores, 21 mai 2014
O alcalde de Vigo cualifiocu de "incomprensible" que a Xunta de Galicia diminúa ano tras ano o seu apoio a CEDRO, un programa de atención e protección da saúde competencia exclusiva da Xunta de Galicia. Aportando cifras e sen coñecer aínda a partida do presente exercicio, o rexedor explicou que no ano 2009 as achegas do goberno autonómico a este servizo eran de 695.357, unha cifra que baixou a 583.337 o ano seguinte, ata chegar a 454.067 euros en 2013. Pola contra, engadiu, o Concello incrementou ano tras ano as súas aportacións "para cubrir os recortes da Xunta". No ano 2009 achegaba 726.168 euros, o 51% do orzamento, mentres que no 2013, esta cifra situouse en 1.073.000 euros, o que supón case o 71% do orzamento anual deste centro asistencial.

Caballero anunciou esta mañá a adxudicación da contratación dos servizos de seguridade e vixiancia de CEDRO e UBAS (Unidades Básicas de Atención Social) á empresa Eulen, unha compañía que ofertou moitas horas adicionais respecto do resto de empresas aspirantes.

En rolda de prensa, Caballero tamén deu conta da achega de 22.500 euros á Erguete Vigo, como primer pago anticipo do covenio, o mesmo que ao Banco de Alimentos, quen recibiu 21.500 euros no mesmo concepto. Respecto das axudas sociais, as arcas muncipais veñen de desembolsar 555.421 euros, mentres que la Fundación Laxeiro recibiu 20.000 euros e a Fundación Marco, 151.250 euros (primeira subvención de 2014). Caballero explicou que estes pagos corren a conta do orzamento prorrogado para que estas entidades non teñan que recurrir a créditos bancarios para seguir a desenvolver a súa actividade.