Escoitar

Caballero di que Navalia coloca a Vigo "como punto de encontro do naval"

O alcalde de Vigo resaltou hoxe que Navalia conseguiu que Vigo sexa "o punto de meta do naval, con centos de países vendo como somos porque non hai nada que se lle resista a esta cidade". Durante a inauguración da quinta edición da feira, Caballero felicitou aos organizadores no nome do goberno local e de toda a cidade.

martes, 20 mai 2014
1400590503navalia.JPG
Caballero comezou a súa intervención na inauguración de Navalia lembrando os dez anos que pasaron desde que "arrancou esta aventura, cando un grupo de empresarios desta cidade se prantexaba un reto de titanes". Explicou que Vigo tiña astaleiros, pesca e que "só nos faltaba convertirnos en punto en punto de encuentro do naval, con centos de países vendo como somos porque nin hai nada que se lle resista a esta cidade". Felicitou aos organizadores, no nome do goberno local e no da cidade, porque "hai dous anos cundía o desánimo por España e por Europa, había amenazas cara á feira e fóchedes capaces de lanzalo, de mantelo".

Durante a súa intervención, indicou que entre os presentes no Ifevi veía "o mellor da cidade", as gañas de seguir facendo do naval un reto ineludible, dixo. Eloxiou a capacidade do sector de salvar "desde o finanzamento ata o tax lease", lembrando o apoio "de toda a cidade" contra esa decisión da Unión Europea que podía afogar ao sector, "fomos capaces de resolvelo", inidicou. Reiterou a importancia de enfocar o futuro buscando desenvolvemento e incoporando novas tenoloxías para que o naval prosiga con "ambición e capacidade"

Rematou dándolle a noraboa de novo aos organizadores e aos empresarios "por ser capaces de buscar os contratos no propio inferno se fora preciso" e non esqueceu a importancia de que o naval sega recibindo finanzamento, en alusión ás entidades bancarias, "porque é a outra pata" que sostén o sector, finalizou.
Descargar todas as imaxes