Escoitar

11 asociacións de veciños participan nos cursos de Seguridade Vial impartidos pola Policía Local

O concelleiro de Seguridade, Mobilidade e Xestión Municipal, Carlos López Font, relatou a importancia que teñen estas actividades, dirixidas nesta ocasión aos máis maiores, para incrementar a seguridade persoal e axudar na prevención de accidentes. Os cursos terán unha orientación práctica e interactiva e farase incidencia na importancia da visibilidade cando se transita por vías urbanas e interurbanas.

luns, 19 mai 2014
O programa de actividades sobre Seguridade Vial que dende fai 14 anos vénse realizando na nosa cidade, ten como obxectivo formar a escolares en actuacións de seguridade e mobilidade. O éxito do mesmo fixo necesaria a súa extrapolación a outros sectores e asociacións, e por iso, dende o 12 deste mes de maio e ata o 18 de xuño, varias agrupacións como a Asociación Provincial do Pensionista, Agarimo, ou as Oficinas Municipais do distrito de Teis ou Saiáns participan destas xornadas impartidas dende a Concellería de Seguridade e Mobilidade e a través da Policía Local, e que pretenden incrementar a seguridade persoal, a prevención de accidentes, e introducir o concepto de sostenibilidade, ademáis de identificar a importancia da necesidade da transmisión da educación vial aos máis pequenos.

Os cursos terán unha orientación práctica e interactiva e farase incidencia na importancia da visibilidade cando se transita por vías urbanas e interurbanas, especialmente para os maiores que saen a camiñar ou a facer outro deporte. A Asociación Galega do Glaucoma tomará parte nos cursos facendo recomendacións para a prevención de accidentes.

López-Font, aproveitou a súa comparecencia, para facer balance das cuestións administrativas que dende a concellería de Seguridade e Mobilidade se veñen realizando e que teñen un transfondo de seguridade para os cidadáns. Algunhas destas cuestións son a xestión das autorizacións de ocupación de vías públicas por causas de obras (1469 tramitacións no pasado ano 2013), as tramitacións de ocupacións de vías públicas por causas de eventos (668 feitas o ano anterior) e a tramitación de vados (1600). No ano 2013, xestionaronse tamén 45 reclamacións referentes a danos ao patrimonio municipal. Font aproveitou a ocasión para felicitar polo seu traballo aos técnicos deste departamento.