venres, 23 mai 2014
O alcalde informou da aprobación das memorias valoradas das obras de mellora das redes de servicios e do pavimento en rúas de Alcabre, Matamá, Navia, Coruxo, Saiáns, San Roque, Sárdoma, Valadares, Cabral, Comesaña e Castrelos, por un importe total de 424.000 euros. Caballero datou para finais do verán o inicio das reformas.
venres, 23 mai 2014
O alcalde participou na mañá deste venres dos actos conmemorativos do Dia da Policía Local, xornada na que se fixo entrega de galardóns en recoñecemento da súa labor aos efectivos policiais que levan 20, 25, 30 ou 40 anos. Durante o acto, Caballero agradeceu aos axentes a súa profesionalidad e entrega, ao tempo que eloxiou a cooperación entre todas as forzas de seguridade do Estado para facer de Vigo "a cidade segura que é". O acto rematou con exhibicións dalgunhas das accións que os axentes realizan de xeito habitual.
venres, 23 mai 2014
Abel Caballero e a presidenta de Médicos do Mundo en Vigo asinaron esta mañá de venres un convenio de colaboración por 50.000 euros. Deste xeito, o Concello subvenciona o 40% de CEREDA, o Centro de Reducción de Daños que esta ONG xestiona en Vigo para atender a drogodependientes. Esta colaboración súmase á partida orzamentaria que as arcas municipais destinan ao CEDRO.
venres, 23 mai 2014
Abel Caballero avanzou a posibilidade de apoiar na divulgación e na elaboración de proxectos conxuntos co Cluster de Xeotermia de Galicia (ACLUXEGA) dado que a maioría destas empresas están en Vigo. Así o acordaron esta mañá a longo dun encontro que mantiveron responsables da entidade e o alcalde, unha reunión na que tamén se puxo en valor o positivo impacto medioambiental do uso desta enerxía.
venres, 23 mai 2014
Este sábado 24 de maio ás 11,30h, a Concellería de Igualdade programa a proxección do filme " A MONTAÑA MÁXICA" no Auditorio Municipal.A entrada é libre ata completar o aforo.
venres, 23 mai 2014
O departamento de Política de Benestar en colaboración con Pasovigo vai realizar o proxecto "Lecer no verán para persoas con discapacidade" durante os meses de xullo e agosto que consiste nun servizo de ocio e respiro familiar de carácter non permanente, dirixido ás persoas con discapacidade empadroadas no Concello de Vigo.Consta de dúas actividades:"Diviértete no verán" no mes de xullo e "Verán do lecer" no mes de agosto<br />
As solicitudes presentarse no rexistro xeral do Concello dende o 19 ao 31 de maio en horario de 9.00h a 13.30h.
venres, 23 mai 2014
A Xunta de Goberno Local en sesión extraordinaria do 16 de maio de 2014 aprobou as "Bases reguladoras e convocatoria específica para a adxudicación de prazas para a participación no programa municipal de inmersión en lingua inglesa – Vigo en Ingles", para o ano 2014, dirixidas ao alumnado de 3º de ESO de centros educativos do Concello de Vigo sostidos con fondos públicos".<br />
O prazo para a presentación de solicitudes é do 26 de maio ao 06 de xuño de 2014, ambos inclusive.<br />
As solicitudes xunto coa documentación requerida deberá presentarse no Rexistro Xeral do Concello de Vigo (Praza do Rei nº 1, 36202)