O Concello inaugurará o 20 de xuño o Centro de Interpretación da vila romana de Mirambel
Así o anunciou este xoves o alcalde, quen explicou que as obras de rehabilitación do antigo chalé Mirambel van "a moi bo ritmo" e concluirán entre o 10 e o 15 de xuño. A apertura do Centro é unha "moi boa cuestión para a cidade", salientou, por dar a coñecer a presenza da cultura romana na cidade de Vigo.