Exposición "Pacheco, a memoria dun tempo e dun país"
A Casa das Artes acolle do 21 de maio ao 15 de xuño a exposición "Pacheco. A memoria dun tempo e dun pais"na que se fai un percorrido pola memoria das xentes, rúas e acontecementos históricos e cotiáns da cidade de Vigo.
A exposición data do ano 2002 producida con Lunwerg Editores. Nestes anos, tras a súa inauguración, a exposición visitou outros lugares e mostrou a fermosura do Vigo antigo. As imaxes, presentadas en copias de alta calidade e enmarcadas, chegan de novo ao Concello de Vigo para a súa incorporación definitiva aos fondos do Arquivo Fotográfico Pacheco, e vólvense ofrecer para goce das persoas que visitan este espazo.
As miles de fotografías que se gardan no Arquivo Pacheco, depositado na Casa das Artes de Vigo, son o resultado do traballo de varias xeracións de fotógrafos, desde o comezo da década dos setenta do século XIX no que se estableceu na cidade Felipe Prósperi, ata 1991 no que se clausurou definitivamente o histórico estudio da rúa do Príncipe e o Arquivo foi adquirido polo Concello.
As imaxenes mostran a incesante actividade do porto e dos agonizantes estaleiros, o antigo Berbés, as desaparecidas fundicións, os primeiros estadios deportivos, as fábricas de conservas e salazóns, a saída dos emigrantes, a guerra civil
Descargar todas as imaxes