Escoitar

Caballero destaca a "enorme capacidade de superación e de éxito" de Navalia

O alcalde de Vigo apunta que a edición deste ano de Navalia "ten máis expectativas de éxito que hai dous anos", en referencia á posiblidade de formalizar novos contratos. Así o indicou nunha rolda de prensa que ofreceu xusto antes de iniciar a segunda visita ao Ifevi, onde se desenvolverá durante tres días a feira máis importante do sector naval.

mércores, 21 mai 2014
1400678463P5220012.JPG
O rexedor destacou hoxe mércores a importancia de manter e impulsar Navalia pola súa "enorme capacidade de superación e de éxito". Un día despois da inaguración da feira máis importante do sector naval, Caballero destacou que "palpou" un ambiente de optimismo no Ifevi, con expectativas de futuro, cando hai dous anos non se vislumbraban demasiadas posibilidades, apostilou. Referiuse aos contratos de Pémex, "un revulsivo moi importante", aos que se suman outros astaleiros que "xa empezan a ver posibilidades de establecer novos contratos".

Caballero visitou hoxe de novo Navalia, invitado polo presidente de feira, e acompañado polo presidente da Xunta e a ministra de Traballo. Este certame profesional desenvolverase no recinto feiral de Vigo ata mañá xoves.
Descargar todas as imaxes