Caballero destaca a profesionalidade e entrega dos axentes no Día da Policía Local
O alcalde participou na mañá deste venres dos actos conmemorativos do Dia da Policía Local, xornada na que se fixo entrega de galardóns en recoñecemento da súa labor aos efectivos policiais que levan 20, 25, 30 ou 40 anos. Durante o acto, Caballero agradeceu aos axentes a súa profesionalidad e entrega, ao tempo que eloxiou a cooperación entre todas as forzas de seguridade do Estado para facer de Vigo "a cidade segura que é". O acto rematou con exhibicións dalgunhas das accións que os axentes realizan de xeito habitual.