Caballero convoca ao consello asesor para deseñar o futuro dos museos de Vigo
Destacados nomes da cultura como Uxía Blanco, Manuel Bragado, Puri del Palacio, Carlos Núñez e Antón Pulido, entre outros, colaboran co goberno de Vigo na definición do "primeiro cuarto de século" da rede de museos de Vigo. Caballero anunciou que Vigo súmase esta fin de semana ao Día Internacional dos Museos con ampliación de horarios, entrada gratuita e actividades específicas.
A reunión deste venres, convocada por Caballero, encargou ao consello asesor a elaboración dun informe sobre o futuro da rede museística viguesa. O alcalde explicou que o grupo analizou o estado actual dos museos e tomará decisións, en colaboración co goberno de Vigo, para definir a rede do primeiro cuarto do século XXI. O rexedor recordou que o Concello asigna unha "enorme cantidade de recursos" aos museos da cidade e denunciou os recortes da Xunta de Galicia e o abandondo da Deputación de Pontevedra.
Ante os medios, Caballero trasladou ademais que, esta fin de semana, o Concello de Vigo súmase á celebración do Día Internacional dos Museos programando actividades e ampliando os horarios de apertura da rede museística municipal.
Este sábado e domingo, a entrada será de balde ao Quiñones de León, a Pinacoteca, Verbum, Casa das Artes, Casa Galega da Cultura, o MARCO, o Museo Liste e o Centro de Artesanía Tradicional, museos que o público poderá visitar de 11 a 14 horas e de 18 a 01 horas o sábado, e o domingo no mesmo horario de mañá e de tarde abrindo ás 18 horas e pechando ás 21 horas.
O goberno local organiza visitas guiadas no Quiñones de León, en Casa das Artes, Casa Galega da Cultura e no Liste, programa ademais un concerto poético-musical no Verbum, actividades para todas as idades no MARCO e unha mostra de certería de vimbio do Centro de Artesanía Tradicional.
Descargar todas as imaxes