Escoitar

Caballero asina un convenio coa Mancomunidade para a conservación e divulgación ambiental dos montes

Concello e Mancomunidade de Montes de Vigo rubricaron este xoves un acordo de colaboración en materia medioambiental, convenio que promove a organización de actividades de educación ambiental, a reparación e limpeza dos roteiros polos montes de Vigo, a creación de novos percorridos e a cooperación para prevención de lumes.

xoves, 15 mai 2014
1400159447convenio.JPG
O convenio de colaboración asinado esta mañá entre o alcalde e o presidente da Mancomunidade de Montes de Vigo, cunha duración de dous anos, presenta unha "visión medioambiental" para "transmitir á cidade a posibilidade de utilizar os montes".

"En Vigo temos unha cordilleira de montes excepcional", subliñou Caballero, quen recordou que esta fin de semana o Concello organiza a primera andaina polos montes de Vigo cunha participación estimada de mil persoas.
Descargar todas as imaxes