Silva defende un modelo de cidade viable, sostenible e con seguridade xurídica
A tenente de alcalde e concelleira de Urbanismo, Carmela Silva, participou hoxe xoves nun foro de urbanismo e infraestructuras organizado polo Círculo de Empresarios de Galicia. Durante a súa intervención, sistitizou o proxecto de cidade que defende o goberno local: viable, sostible e con seguridade xurídica.
Carmela Silva avogou pola necesidade de contar cun Plan Xeral que permita ordenar e dar seguridade xurídica a unha cidade como Vigo, que históricamente creceu de xeito desordenada, sen planificación e con moitas conflictos legais desde o punto de vista urbanístico. Tal e como defendeu, o vixente PXOM, define os obxetivos pero permite uns camiños flexibles para conseguilos, con percorridos posibles que, sen desvirtuar o obxectivo final, son realistas con roteiros de actuación que non son só solucións puntuais.
Dentro dun foro de urbanismo e infraestruturas organizado polo Círculo de Empresarios de Galicia, a responsable municipal explicou que o Plan Xeral é un "documento xoven" que nace en pleno estallido da crise e que non é perfecto". Os fins e obxectivos do documento pasan por buscar un equilibrio entre o medio natural e a súa preservación e o desenvolvemento urbano. Tamén establecer unha rede estructurante que xerarquice e compete a rede viaria ou a posta en marcha de operacións de reforma interior complatando a cidade existente e recuperando as zonas degradadas. Silva non esqueceu durante a súa intervención, a implementación de actuacións de apoio á base industrial á escala metropolitana.
Logo da disertación da concelleira de Urbanismo, abriuse un turno de debate entre o numeroso público asistente, con preguntas a suxestión que Silva recibiu como "interesantes aportacións e suxerencias. Antes de rematar, a edila invitou a todos os presentes a facerlle chegar todo tipo de suxerencias porque ese é o mellor xeito de cooperar co desenvolvemento da cidade.
Descargar todas as imaxes