Escoitar

Balaídos acollerá o Minitorneo Élite UEFA Sub 19, clasificatorio para o Europeo

O alcalde e o presidente do Celta anunciaron hoxe mércores que a cidade olívica poderá disfrutar do xogo da Selección Española de Fútbol Sub 19, da man deste minitorneo que se celebrará en Vigo e Pontevedra entre o 31 de maio e o 5 de xuño. Para esta ocasión, o Concello manterá a grada popular que

mércores, 14 mai 2014
1400069237deportes.JPG
O rexedor presentou na mañá deste mércores o Minitorneo Élite UEFA Sub 19, que traerá a Balaídos o xogo da Selección Nacional Sub 19 de fútbol os días 31 de maio e 2 de xuño, mentres que o día 5 xogarán en Pontevedra. Caballero quixo recoñecer a labor de Carlos Mouriño á cabeza do R.C Celta, salientando o seu proxecto de canteira, cunha base "coherente, sólida e consistente", que acabou consolidándose. Unha labor que está a lanzar "unha grande imaxe do Celta e o seu proxecto deportivo en España", e que ten, como mostras deste recoñecemento, a celebración en Balaídos do partido do 18 de novembro deste ano, entre a Selección Española Absoluta de fútbol e Alemania, ou o recente premio especial de apoio á canteira outorgado por Fútbol Draft.

Carlos Mouriño pola súa parte, agradeceu á Federación a súa confianza en Vigo para organizar torneos, xa que esto significa que "respaldan a política de canteira", e quixo pedirlle a todos os vigueses e celtistas que asistan o 31 de maio e o 2 de xuño a Balaídos e apoien ferventemente ao conxunto español, no que, poderían estar presentes: David Costas, Santi Mina, e Rubén Blanco, en representación celeste.

As datas e horas concretas dos encontros son: o 31 de maio no Estadio de Balaídos ás 12,00 h celebrarase o primeiro encontro que enfrontará a Alemania e Lituania. Ás 20,30 h do mesmo día será a cita do España – Dinamarca. A seguinte xornada do torneo Europeo en Vigo será o 2 de Xuño, tamén en Balaídos, e comezará as 12,00 h co Dinamarca – Alemania, e rematará ás 20,30 co España- Alemania. O torneo, é clasificatorio para o Europeo Sub 19, que á súa vez, clasifica para o Mundial Sub 20 de 2015.

Tal e como acordaron Caballero e Mouriño, Concello e Celta manterán neste torneo a Grada Popular para o encontro da selección.
Descargar todas as imaxes