Escoitar

O goberno de Vigo oferta 19.500 prazas en actividades de verán para nenos e mozos

O alcalde presentou este martes as actividades programadas polo Concello para o verán, 191 propostas e un total de 19.500 prazas para todas as idades, desde os 3 aos 35 anos. O goberno oferta campamentos urbanos, accións para a mocidade e ocio en tempo libre, xunto ás iniciativas de Benestar Social e Deportes.

martes, 13 mai 2014
1399982110goleta.JPG
Abel Caballero considerou a oferta municipal de campamentos de verán "axeitada ás necesidades da cidade", 19.500 prazas en 191 actividades para idades comprendidas entre os 3 e os 35 anos, empadroados en Vigo. O alcalde, quen comparou as vacantes municipais coas 1.500 que en total plantean a Xunta de Galicia e a Deputación de Pontevedra na urbe, explicou que o incremento de prazas non conleva unha suba dos prezos, que se manteñen coma o pasado ano e inclúen unha subvención municipal de 71.000 euros, o que representa de media o 50% do custo.

Por terceira vez, o goberno local abre a preinscripción por vía telemática, desde o 26 de maio en xuventudevigo.org, web na que tamén se poderá formalizar a inscripción do 30 deste mes ata o 4 de xuño. O Concello dispón paralelamente do teléfono gratuíto 010 para a completar os trámites.

A oferta do Concello divídese en tres grandes bloques: campamentos urbanos (con máis de 2000 prazas para nenos de entre 4 e 18 anos, en distintos recintos como o Verbum, pavillóns municiapis, Cíes, a ETEA, entre outras, e como novidade nunha goleta para percorrer a ría), espazos de tempo libre (para nenos de 3 a 13 anos) e actividade xuvenís (para rapaces de entre 13 e 35 anos, sen inscripción previa necesaria, nas Travesas, en VigoSónico, no Castro...). Ás nomeadas, o goberno local propón opcións desde Políticas de Benestar -como o Divértete no Verán, para persoas con discapacidade- e desde o departamento municipal de Deportes -como o Campus Polideportivo VIDE e a VigoCup-.
Descargar todas as imaxes