Escoitar

A "Nocturna Correndo por Vigo Máis que Auga" arrancará este sábado dende a Avenida da Florida

A segunda edición desta proba popular, co patrocinio do Concello de Vigo, percorrerá as principais rúas do entorno de Coia e Travesas. Agardanse 1,500 corredores, 200 dos cales participarán en categoría infantil.

luns, 12 mai 2014
1399897039deportes.JPG
O concelleiro de Deportes, Manel Fernández, presentou esta mañá a Segunda Carreira Popular "Nocturna Correndo por Vigo Máis que Auga", organizada polo clube de deportes "Carlos Miguel", unha proba que arrancará este sábado 17 de maio ás 22,00 horas da Avenida da Florida, á altura do Mercado de As travesas, e que rematará no mesmo lugar. Serán dúas voltas a un circuito, trazado pola zona de Coia, Florida e Travesas. Os que o desexen poderán recoñecer previamente este mércores 14 de maio, ás 21,00.

Este ano inclúese ademáis unha carreira para os nenos, con saída ás 21,00 horas de Travesas e que vai dende os 50 metros ata 1 quilómetro de percorrido, dependendo do grupo de idade ao que pertenzan os cativos participantes. Tamén se disputará, grazas á Asociación de Comerciantes, a primeira carreira de camareiros en Vigo.

Nesta segunda edición agárdanse un total de 1,500 corredores, case 300 máis que na pasada. A representación femenina crece notablemente na proba deste ano, que contará coa presenza de María Velasco, medallista olímpica femenina. O grupo musical "Nash" será o encargado de poñer o toque musical á xornada, que se pechará ademáis con monólogo do actor Manuel Manquiña.
Descargar todas as imaxes