Escoitar

O Torneo de Kárate Infantil Cidade de Vigo reunirá 300 deportistas mañá no Pavillón de Bouzas

O alcalde invitou a todo Vigo a achegarse mañá sábado ao Pavillón de Bouzas onde, a partir das 17,00h, dará comezo o Torneo de Kárate Infantil Cidade de Vigo. A vixésimo sétima edición deste certame reunirá a 300 nenos, de entre 5 e 18 anos, que competirán en diferentes categorías.

venres, 9 mai 2014
1399636767karate.JPG
O Pavillón de Bouzas albergará mañá sábado, a partir das 17,00 horas, unha nova celebración do Torneo de Kárate Infantil Cidade de Vigo. Durante a presentación, Caballero destacou que esta vixésimo sétima edición deste certame reunirá a 300 deportistas de entre 5 e 18 anos, que se medirán en diferentes categorías na modalidade de defensa personal.

O rexedor animou a todo Vigo a disfrutar deste espectáculo deportivo "do máximo interese", ademáis das exhibicións que realizarán os profesionais. Entre os clubs participantes se atopan: Okinawa de Vigo, Travesas, Sotocan de Vigo, Escolas Deportivas IMD, Escolas Deportivas Doblada, Colegio Mariano, Campaña de María e San Salvador de Teis.

Durante a rolda de prensa, o alcalde estivo acompañado por Fernando Álvarez, presidente da Agrupación deportiva Zanshin, organizador do evento, ademáis de polo concelleiro de Deportes, Manel Fernández.
Descargar todas as imaxes