O goberno local adica 1,3 millóns de euros a potenciar o deporte de élite e de base da cidade
Abel Caballero explicou que os orzamentos de 2014 adican 1,3 millóns de euros a potenciar o deporte na cidade. Desta cantidade, a Xunta de Goberno local adxudicou hoxe venres 416.000 euros para os clubes de élite, mentres que o deporte de base recibirá uns 900.000 euros.
A Xunta de Goberno local validou hoxe 416.000 euros en convenios para distintas entidades deportivas de élite da cidade para a tempada 2013-2014. Deste xeito, ennumerou o rexedor, o Sárdome CF recibirá 18.000 euros; o CD AMFIV, 48.000 euros; o CD Xuvenil Teis, 23.000 euros; o FPR Olivo, 23.000 euros; o Bosco CD, 94.500 euros; a Academia Octavio, 154.000 euros e o Vigo Voleibol, 55.000 euros. Tal e como apuntou o rexedor en rolda de prensa, o Concello de Vigo cooperará co deporte da cidade con 1,3 millóns de euros en subvencións, dos que uns 900.000 euros serán para potenciar o deporte de base.
O goberno local deu luz verde ao proxecto de humanización da rúa Baixada Mestre Chané, desde a Travesía de Vigo ata a rúa Mestre Chané. Ten un importe de execución de 538.000 euros e un prazo de execución de 5 meses, para unha actuación de preto de 200 m de lonxitude. Ademais de manter o aparcamento a ambos marxes da ría, construirase unha isleta central que ordenará o tráfico na confluencia con Mestre Chané. O rexedor detallou que se colocarán farolas led, árboles, xarniñeras, bancos ou papeleiras.
Na Xunta de Goberno desta mañá tamén se aprobou o nomeamento interino por acumulación de tarefas de 17 traballadores para o servizo de limpeza de praias. Segundo o rexedor, contrataránse 3 oficiais conductores, 4 xardineiros e 10 operarios peóns.
Xerencia
Asimesmo, a Xerencia de Urbanismo declarou obras sen licenza e incompatibles co ordenamento urbanístico as executadas na rúa Pino 88 polo que se ordena ao propietario que proceda á súa demolición voluntaria. Tamén se tomou coñecemento da aceptación de ADIF das dez vivendas municipais en República Arxentina 12-14, tal e como se comprometía no convenio expropiatorio.
Deuse conta, ademáis da concesión de 11 licenzas de obra e 3 de actividade para un investimento total de 369.000 euros. Entre estas autorizacións, destacou o rexedor, atópase a de primeira ocupación e posta en funcionamento do local que ten en Navia a Asociación de Dano Cerebral- Alento.