Carmela Silva conmemora o Día de Europa destacando a necesidade de máis política social
A tenente de alcalde animou a toda a sociedade a felicitarse por formar parte desa "gran Europa", cando se cumpren 64 anos da proposta de Robert Schuman. Nun momento no que o proxecto europeo "parece estar cuestionado por parte da cidadanía", Silva inistiu na necesidade de abogar por máis políticas sociais.
Carmela Silva referiuse á Unión Europea como "unha das máis maravillosas ideas que o home ten posto en marcha". Na sede da Axencia Europea de Control da Pesca, a tenente de alcalde destacou a entrada de España no proxecto comunitario como unha aposta pola igualdade, pola paz e pola libertade.
Na véspera do Día de Europa e cando se cumpren 64 anos desde a proposta de Robert Schuman, Silva animou a toda a sociedade a felicitarse por formar parte desa "gran Europa" que, aínda nun momento como este "no que parece estar cuestionada". Insistiu na idea de que necesitamos unha Europa máis social e apelou ao esforzo colectivo para "que nos conxuremos para mantela viva".
Carmela Silva participou neste acto da Axencia Europea de Control da Pesca, acompañada polo seu director, Pascal Savouret; o subelegado do Goberno, Antonio Coello; e a conselleira de Pesca, Rosa Quintana.
Descargar todas as imaxes