Escoitar

Unha roda de capoeira angola amenizará Montero Ríos na tarde deste sábado

A tenente de alcalde, Carmela Silva, presentou hoxe xoves esta actividade folclórica-popular, que consiste nunha roda formada por entre 20 e 40 percusionistas e bailaríns. A cita será á altura da estatua de Julio Verne, en Montero Ríos, este sábado desde as 18 ás 22 horas.

xoves, 8 mai 2014
1399557719capoeira.JPG
Carmela Silva e o responsable da Asociación de Capoira Angola do Sur de Galicia presentaron esta mañá o evento, unha roda de capoeira angola que se celebrará na tarde do sábado en Montero Ríos, e consistirá nun círculo duns 16 m2 aproximadamente formado por varios músicos e bailaríns. Un total de entre 20 e 40 persoas participarán activamente nesta roda.

O evento trátase dun xogo cooperativo con fins estéticos; é una danza, non una loita, aínda que tamén ten elementos competitivos que nunca empañan a elegancia do xogo. Na roda, os músicos comezan a tocar e dous capoeiristas de cada vez van facendo un baile mientras o resto canta, observa e celebra o xogo. Ao final, a roda se estreita mais aún e, previo a disolverse e rematar a actividade, pode terminar cunha samba de roda bahiana.
Descargar todas as imaxes