Escoitar

Máis de 1.200 atletas participarán este domingo na XVII Media Maratón de Vigo

O alcalde animou na mañá deste xoves á participación na Media Maratón que percorrerá as principais rúas da cidade, o día 11 de maio.

xoves, 8 mai 2014
1399557682maraton.JPG
Este domingo, 11 de maio, as rúas do centro de Vigo encheranse de atletas co gallo da XVII edición da Media Maratón da cidade olívica. A cita será ás 10,00 da mañán na Porta do Sol, e agárdanse máis de 1.200 corredores.

Abel Caballero explicou esta mañá que se trata dunha aposta polo atletismo popular e participativo, xa que se pode elixir entre correr ou camiñar 5 km, correr 10 ou 21 km. As modalidades comprenden a Media Maratón, a Media Maratón por relevos e a camiñata de 5 km, na que o propio Caballero se animou a participar.

O percorrido está fixado nas rúas do centro da cidade, arrancará en Policarpo Sanz, e rematará na Porta do Sol. Álvarez Salgado, organizador do evento, recalcou a importancia de recuperar o pasado ano esta media maratón, tras 15 anos de parón, xa que non hai ningunha carreira polo centro da cidade desta kilometraxe. Salgado destacou ademáis, o incremento na modalidade de relevos, que pasa de 24 equipos a 73. Máis de 100 voluntarios asistirán aos atletas durante a carreira.
Descargar todas as imaxes