venres, 16 mai 2014
A Xunta de Goberno Local acordou comunicar ao xulgado a necesidade de convocar unha nova licitación do servizo de estacionamento regulado en superficie, seguindo o criterio técnico e atendendo a unha sentenza de 2012 que anula a adxudicación anterior, que data de hai case unha década.
venres, 16 mai 2014
Destacados nomes da cultura como Uxía Blanco, Manuel Bragado, Puri del Palacio, Carlos Núñez e Antón Pulido, entre outros, colaboran co goberno de Vigo na definición do "primeiro cuarto de século" da rede de museos de Vigo. Caballero anunciou que Vigo súmase esta fin de semana ao Día Internacional dos Museos con ampliación de horarios, entrada gratuita e actividades específicas.
venres, 16 mai 2014
O programa municipal de inmersión lingüística, Vigo en inglés 2014, permitirá a 290 alumnos da ESO viaxar este verán a Gran Bretaña. O alcalde anuniciou hoxe venres qeu serán alumnos de 3º da ESO os que este ano gocen desta oportunidade de formación que conta cun orzamento de 696.000 euros.
venres, 16 mai 2014
O alcalde comunicou na mañá deste venres que as Illas Cíes serán o escenario da entrega das 9 bandeiras azuis e a senda azul outorgadas a Vigo, a principios do mes de xuño. Ademáis, no areal de Rodas, se entregarán as bandeiras obtidas polas praias do resto de Galicia. En verbas de Caballero, "será unha grande homenaxe aos que contribuyen a manter as praias limpas, ás persoas que as disfrutan, e ás propias Illas Cíes", propostas a acadar o título de "Patrimonio Medioambiental da Humanidade".
venres, 16 mai 2014
A Concellería de Igualdade promove un ciclo de cine dirixido a público infantil e xuvenil durante os sábados do mes de maio. O sábado,17 de maio ás 11:30 h proxectarase o film " A CASA DA LUZ"
venres, 16 mai 2014
O Centro de Interpretación da Oralidade de Vigo (CIOV) achéganos a tradición oral da man do alumnado de narración oral do CIOV, dos regueifeiros e regueifeiras Josiño da Teixeira e Bieito Lobariñas e da actuación de Avelino González
venres, 16 mai 2014
No marco do programa "Vente con Nos" que acolle o convenio de colaboración que ten asinado a Concellería de Cultura Festas e Museos coa Agrupación de Centros Deportivos e Culturais da nosa cidade, informase da apertura do prazo de admisión de solicitudes ata ás 13.30 horas do día 30 de maio do presente ano.
venres, 16 mai 2014
Dirixidas a alumnos/as matriculados/as en centros docentes públicos ou privados concertados, en educación infantil (2º etapa), educación primaria e educación secundaria obrigatoria <br />
As axudas para adquisición de libros e material escolar van dirixidas aos alumnos/as de educación infantil (2º etapa).