O Consello Municipal da Muller condena o secuestro de nenas nixerianas
O Consello Municipal da Muller de Vigo ven de manifestar a súa condena ante os secuestros, por parte de Boko Haram, de 223 xóvenes nunha escola da localidade do noreste de Nixeria o pasado 14 de abril, e solicita o apoio dos gobernos e institucións para frear a violencia de xénero, e máis concretamente a utilización das mulleres como botin de guerra.
Boko Haram, que en lingua local hausa significa "a educación occidental é pecado", creouse en 2002 co obxectivo de propagar a yihad e crear un Estado islámico en Nixeria rexido pola sharía o lei islámica. En 2009 comenzaron as accións armadas, e dende o inicio da súa ofensiva, Boko Haram causou máis de 4.000 mortes, 1.500 de elas no que vai de ano.
Os crimes dos salafistas de Boko Haram centráronse nas últimas semanas no secuestro de colexialas para ser posteriormente violadas e vendidas. Cada ano este tipo de atentados contra as mulleres aumenta, os soldados cometen todo tipo de agresións sexuais con ocasión do saqueo e demáis atropelos perpetrados durante as invasións, practican violacións en público, secuestran ás mulleres en campos especiais ou en prostíbulos para torturalas, violalas e deixalas embarazadas. Os secuestros de nenas estudantes en Nixeria, reflexan a estratexia de someter ás mulleres de novo aos homes, sendo "secuestradas co obxectivo de que casen".
Coma mulleres comprometidas coa liberdade, o respecto e a igualdade, rexeitamos esta barbarie que unha vez mais están a sufrir mulleres a nivel global. Polo que asorganizacións representantes do C.M.M: :
- Censuramos a inacción das autoridades para explorar a zona na que as patrullas cidadás cren que están as secuestradas.
- Condenamos a violencia e a explotación sexual.
- Solicitamos o apoio dos gobernos e institucións para frear a violencia de xénero, e máis concretamente a utilización das mulleres como botin de guerra.
- E esiximos medidas políticas para acabar con esta masacre.
Descargar todas as imaxes