O Concello cooperará co Congreso Internacional de Fitorremediación de Solos Contaminados
O alcalde, Abel Caballero, recibiu na mañá de hoxe mércores ao comité organizador deste Congreso Internacional que se organiza dende a Facultade de Ciencias da Universidade de Vigo. O mes elexido para esta convención será o próximo xullo. O rexedor salientou que será un congreso "moi potente" e que contará co apoio do concello, xa que dende a administración local sempre se impulsan os congresos internacionais, científicos e de calqueira característica, que se celebran en Vigo.