A luz verde ao Barrio do Cura xerará emprego e afondará na recuperación do centro da cidade
Trátase dunha "gran noticia" para a cidade porque, ademais de continuar coa recuperación do Casco Vello e do centro da cidade vai xerar emprego. Así se referiu esta mañá o rexedor á aprobación definitiva do PERI do Barrio do Cura que será validado o venres na Xerencia de Urbanismo e, probablemente, o luns 2 de xuño en Pleno.
O ámbito do Barrio do Cura será aprobado definitivamente na sesión da Xerencia de Urbanismo do venres 16 de maio. Así o explicou esta mañá o rexedor quen engadiu que a intención é tratar de levalo a Pleno o luns 2 de xuño, unha vez que os voceiros acordaron trasladar a esa data o pleno ordinario previsto para o 26 de maio. Trátase dixo o rexedor, dun desenvolvemento histórico para a cidade, da maior importancia nunha zona troncal, histórica". En rolda de prensa puntualizou que o PERI conta un informe xurídico que que valida a luz verde definitiva do documento tramitado, un proceso moi longo dada a complexidade técnica do ámbito.
O deseño do Barrio do Cura é compatible cos instrumentos de ordenación do territorio, cumpre as determinacións e parámetros fixados no PXOM, conta cos informes sectoriais favorables, cumpre os límites de sostenibilidade, os estándares de calidade de vida e cohesión social, así como as normas de calidade urbana. Esta aprobación, dixo o alcalde, é unha "gran noticia" para a cidade e a súa economía porque vai xerar emprego, ademais de sumarse á recuperación do Casco Vello e supoñer "un salto de xigante" na remodelación do centro da cidade.
Descargar todas as imaxes