Escoitar

Volotea publicitará Vigo desde xuño nas conexións a Valencia, Ibiza e Palma de Mallorca

Abel Caballero lembrou hoxe mércores que o convenio que o Concello asinou con Volotea é un acordo de colaboración publicitaria que inclúe accións promocionais de marketing online e offline e campañas de publicidade. Estas accións arrancarán en xuño nas conexións que a compañía comeza a operar a Valencia, Ibiza e Plama de Mallorca.

mércores, 14 mai 2014
Volotea comezará a operar en xuño as conexións entre Vigo, Valencia, Ibiza e Palma de Mallorca, ao tempo que arrancará a campaña de promoción da cidade nestes destinos. Caballero lembrou en rolda de prensa que o acordo asinado polo Concello e a compañía aérea é un convenio de colaboración publicitaria que inclúe a realización de accións promocionais, marketing online e offline e campañas de publicidade. Entre as iniciativas pactadas atópanse: enlaces a portais turísticos locais, imaxe de Vigo en destino, publicidade e promoción na web de Volotea, vinilado dun avión, promoción en medios en Valencia e Palma das rutas, roldas de prensa con medios de Valencia e Baleares e accións comerciais. Tal e como precisou o rexedor, o importe deste convenio, duns 300.000 euros, é moito menor que as axudas que reciben da Xunta o resto de aeroportos galegos en clara competencia desleal coa terminal viguesa.