Escoitar

O Auditorio Mar de Vigo acolle a Feira Internacional da Cervexa artesana entre o 5 e o 8 de xuño

Entre o 5 e o 8 de xuño chegará ao Auditorio Mar de Vigo a Art Beer Fest, a Feira Internacional da Cervexa artesana e os Mestres Cerveceiros. O Concello coopera con este certame internacional que reunirá marcas exclusivas de máis dunha ducia dee países durante catro días e que xa celebrou edicións en Caminha ou Lisboa.

xoves, 15 mai 2014
1400159430cerveza.JPG
O Auditorio Mar de Vigo acollerá a Art Beer Fest, a maior feria da cervexa artesana e dos mestres cerveceiros, que se desenvolverá entre o 5 e o 8 de xuño. A feira, coa que coopera o Concello, permitirá degustar cervexas artesanas dunha ducia de países, asistir a master class de expertos internacionais e gozar dunha amplia oferta gastronómica e musical ao longo de catro días.

Art Beer Fest, que conta con edicións en Lisboa e Caminha, é a maior feira da cervexa da fachada atlántica, un evento que move a miles de persoas, profesioanais e e afeccionados de toda Europa. Está confirmada a presencia de mestres cerveceiros de España, Portugal, Francia, Escocia, Bélgica, Italia, Estados Unidos, Canadá e Dinamarca. Ademais, tamén se achegará a este certame o italiano Valter Loverier, un dos expertos máis recoñecidos do mundo, xunto co español, Fernando Campo.

O rexedor recibiu hoxe xoves todos os detalles deste importante evento da man do organizador, Octavio Costa, co que mantivo un encontro no que tamén estivo presente o alcalde de Caminha, Miguel Alves e o presidente de Turismo de Porto Norte, Melchior Moreira.
Descargar todas as imaxes