Escoitar

O goberno local opta por un novo concurso da zona azul e o comunica ao xulgado

A Xunta de Goberno Local acordou comunicar ao xulgado a necesidade de convocar unha nova licitación do servizo de estacionamento regulado en superficie, seguindo o criterio técnico e atendendo a unha sentenza de 2012 que anula a adxudicación anterior, que data de hai case unha década.

venres, 16 mai 2014
Abel Caballero explicou este venres o acordo adoptado polo goberno que preside, que ten a súa orixe na execución dunha sentenza de 2012, recorrida e desestimada polo Tribunal Constitucional, sobre a anulación da adxudicación á empresa que actualmente presta o servizo.

Un auto do 3 de febreiro solicitaba informes técnicos sobre a posibilidade de que as ofertas concurrentes á adxudicación do servicio (hai case unha década) estiveran hoxe desfasadas, así como calqueira razón de interese público que fixese precisa a convocatoria dun novo concurso. Caballero sinalou que os técnicos do Concello ven desfasado o concurso anterior e estiman convinte unha nova licitación do concurso, tal e como se comunica ao tribunal.