Escoitar

O Concello oferta 290 bolsas de inmersión lingüística en inglés para alumnos de 3º da ESO

O programa municipal de inmersión lingüística, Vigo en inglés 2014, permitirá a 290 alumnos da ESO viaxar este verán a Gran Bretaña. O alcalde anuniciou hoxe venres qeu serán alumnos de 3º da ESO os que este ano gocen desta oportunidade de formación que conta cun orzamento de 696.000 euros.

venres, 16 mai 2014
O goberno local dará luz verde ao programa de inmersión lingüística, Vigo en Inglés 2014, que este verán parmitirá a 290 alumnos de 3ª da ESO viaxar a Gran Bretaña para estudar o idioma. Vigo en inglés 2014 conta cun orzamento de 696.000 euros e permitirá aos alumnos de rendas máis baixas gozar dunha estancia gratuita mentres que, en función dos ingresos familiares, puntualizou o rexedor, outros aboarán o 10, o 15 ou o 25% do custo.

Asimesmo, na Xerencia de Urbanismo, deuse luz verde definitiva ao Proxecto para o Barrio do Cura que se someterá á ratificación do Pleno o próximo 2 de xuño. Tamén se aprobaron axudas á rehabilitación no Casco Vello por importe de 70.000 euros, o que supón o 45% dun investimento total de 153.000 euros. Trátase, explicou Caballero, dun inmoble en Poboadores e 5 vivendas do edificio.

Os membros da Xerencia tamén tomaron coñecemento o inicio do procedemento para a subasta de 4 parcelas municipais na urbanización de Os Aires (O Pombal). Segundo explicou Caballero, os terreos correspondían ao Concello dentro do proxecto de compensación da área residencial. Por último, deuse conta da concesión de 13 licenzas de obra e 5 de actividade para un investimento total de 846.000 euros.