Escoitar

O alcalde anuncia un concerto da Coral Casablanca en defensa da autonomía xudicial viguesa

Así o avanzou este martes Abel Caballero, despois da reunión mantida con responsables sindicais e tras o posicionamento da permanente do Consello Xeral do Poder Xudicial en favor do organigrama proposto polo Ministerio de Xustiza, que sitúa unha única sede nas capitais de provincia. O concerto, a primeira acción reivindicativa do partido xudicial de Vigo, será o 27 de xuño na Porta do Sol.

martes, 17 xuñ 2014
1403006770partidojudicial.JPG
O rexedor indicou que "o tempo do diálogo xa pasou" e insistiu en que o informe do Consello -non vinculante- é "inaxeitado, irrancional e supón un atraso dun século". Caballero lamentou o aval ao anteproxecto de lei do Poder Xudicial no tocante á distribución territorial, que deixa a Vigo sen autonomía, e manifestou que "é o momento de empezar a amosar as demandas de Vigo de forma colactiva".

O concerto da Coral Casablanca, un "emblema" da cidade de Vigo, será a primeira acción organizada para defender o partido xudicial vigués, unha concentración para a que o rexedor solicitou o apoio da cidadanía. Adiantou Caballero que haberá máis actos reivindicativos para que "se escoite a Vigo en todas partes".
Descargar todas as imaxes