xoves, 19 xuño 2014

Vigo conta con 14 semáforos de sinal acústica activada por bluetooth que elimina molestias sonoras

Abel Caballero presentou hoxe xoves un semáforo para invidentes que se activa por bluetooth ao pasar o usuario co que se evitan as molestias aos veciños que provocaban o característico son dos semáforos para discapacitados visuais que funcionaban ata o de agora. Vigo conta xa con 14 destes dispositivos que non requiren máis que un teléfono ou un mando a distancia, sen ques sexa preciso dispor dun smart-phone.

As Travesas recibe este venres e sábado o Nacional de ximnasia acrobática, que Caballero define como "un deporte de beleza excepcional"

xoves, 19 xuñ 2014

O Campionato de España de ximnasia acrobática recibirá nas Travesas este venres e sábado a máis de 250 deportistas de oito clubs pertencentes a catro comunidades autónomas (Madrid, Andalucía, Valencia e Galicia), nun evento que o alcalde de Vigo, Abel Caballero, definiu como "case inconcibible e imposible de imaxinar", polo que pediu que a cidadanía se envorque con "este deporte de beleza excepcional".

Ata o 24 de xuño está aberta a preinscripción nos obradoiros monográficos de verán 2014 da Escola municipal de teatro

xoves, 19 xuñ 2014

Neste espazo pedagóxico teatral impartiranse obradoiros especializados de diferentes áreas e terán como obxectivo ofrecerlles aos futuros alumnos/as recursos técnicos e creativos para a súa formación complementaria. Estes obradoiros versarán sobre materias como creación teatral, interpretación ante a cámara (cine ou tv) e teatro musical. Terán unha compoñente fundamentalmente práctica e están destinados a persoas maiores de 15 anos, actores, actrices, animadores teatrais, directores/as teatrais, bailaríns/as e afeccionados ao teatro.