venres, 20 xuñ 2014
O alcalde informou este venres da aprobación, adoptada na Xunta de Goberno Local, dos proxectos de obras de reforma das rúas Iglesias Esponda, Martín Códax, Irmandiños e Calexón Rogelio Abalde, no entorno de Churruca, por importe superior ao medio millón de euros. <br />
venres, 20 xuñ 2014
Abel Caballero mantivo este venres unha reunión coa responsable de AFAN, Hortensia González, entidade coa que o goberno de Vigo ten unha relación "moi fluida". O alcalde recordou que os apoios municipais aos comedores sociais da cidade se aproximaron ao medio millón de euros.
venres, 20 xuñ 2014
O alcalde de Vigo verificou hoxe que a Asociación galega de Enfermidades Musculares precisa dun local máis amplo para poder atender aos seus usuarios. Así o explicou o propio rexedor nunha rolda de prensa posterior á visita que realizou hoxe venres ás instalacións que o colectivo ten na rúa Párroco José Otero.
venres, 20 xuñ 2014
A programación das festas de Vigo desvela o seu primeiro nome. Joe Satriani, un dos mellores guitarristas do mundo, chega ao Auditorio Mar de Vigo o próximo 16 de xullo, ás 21h, con entradas desde 25 euros e case todo o papel vendido. O alcalde, Abel Caballero, presentou este venres o concerto.
venres, 20 xuñ 2014
O alcalde de Vigo abogou pola cooperación á hora de abordar o futuro da loxística e o transporte en Vigo, referíndose a infraestruturas como o porto, o aeroporto, a ponte de Rande ou a autopista do mar. Así o indicou esta mañá durante a apertura das V xornadas da Fundación Provigo, Vigo ante o seu futuro.
venres, 20 xuñ 2014
A escola Municipal de Arte e oficios inaugura esta tarde ás 20:00 h, a exposición "Novos Produtos" no que participan todas as especialidades da Escola. A mostra producida pola Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo, está comisariada por Alba Pardo e Marián Núñez (mestras de Serigrafía artística e Encaixe de Palillos na EMAO).<br />
venres, 20 xuñ 2014
O Centro de Interpretación da Oralidade, do servizo de Normalización Lingüística vai facer rular polas rúas, prazas, parques, areais... e illas de Vigo contos, regueifas, monicreques, cancións, lendas... dentro do programa "No verán... un conto"
venres, 20 xuñ 2014
O Festival de Jazz IMAXINA SONS'14 oferta o programa "Academia de Sons", que terá lugar do 30 de xuño ao 3 de xullo no Marco (r/ Príncipe, 54), cunha serie de actividades lúdicas que teñen por obxectivo aprender, experimentar e divertirse. A inscrición para estas actividades será gratuíta e realizarase exclusivamente a través do servizo do 010 (ou 986.810.260 se chama dende fóra de Vigo ou dende móbil), dende o venres día 20 ata as 14:00 h do venres 27 de xuño.
«PROGRAMA MUNICIPAL DE AXUDAS EXTRAORDINARIAS A FAMILIAS PARA GASTOS DE ALOXAMENTO, SUBMINISTROS E ALIMENTACIÓN – 2014». CONCELLO DE VIGO. BASES E CONVOCATORIA
venres, 20 xuñ 2014
A Xunta de Goberno Local do Concello de Vigo, en sesión extraordinaria e urxente do día 30 de maio de 2014, aprobou as bases e a convocatoria do «Programa Municipal de axudas extraordinarias a familias para gastos de aloxamento, subministros e alimentación – 2014»