O guitarrista Joe Satriani, primeiro artista confirmado para as festas de Vigo
A programación das festas de Vigo desvela o seu primeiro nome. Joe Satriani, un dos mellores guitarristas do mundo, chega ao Auditorio Mar de Vigo o próximo 16 de xullo, ás 21h, con entradas desde 25 euros e case todo o papel vendido. O alcalde, Abel Caballero, presentou este venres o concerto.
Abel Caballero salientou que o concerto de Satriani é "un evento de primeira magnitude mundial", un artista que "chega por primeira vez a Galicia" tras ter vendido 10 millóns de discos, formando parte da programación das festas de verán da cidade.
O guitarrista interpretará no Auditorio Mar de Vigo temas do seu último traballo, "Unstoppable Momentum", ademais dos clásicos da súa dilatada traxectoria artística. Satriani será o prato principal nun dobre concerto para amantes da guitarra, que suma o nome de Oli Brown & Raven Eye.
Segundo indicou o responsable da productora Sweet Nocturna, David Lago, quedan á venda menos de 50 entradas, desde 25 euros, prezo que comparou cos 45 euros que costa en Madrid, un "esforzo" posible "grazas ao apoio do Concello en traer a este tipo de artistas".
Descargar todas as imaxes