Escoitar

Normalización Lingüística "No verán... un conto"

O Centro de Interpretación da Oralidade, do servizo de Normalización Lingüística vai facer rular polas rúas, prazas, parques, areais... e illas de Vigo contos, regueifas, monicreques, cancións, lendas... dentro do programa "No verán... un conto"

venres, 20 xuñ 2014
140325936020140616085656137310bbe2ad7d676e6ebdb242b93067.jpg
Luns 23, ás 18:00. Charla e saída para a recolleita de herbas de san Xoán (cómpre levar bolsa e tesoiras). Na AV Nautilius (camiño de Sanín, 54; Comesaña)

Mércores 25, ás 20:00. Contacontos A viaxe das palabras, público familiar. Na praza da Independencia

Sábado 28, ás 20:00. Contacontos Xan das ondas, público familiar; con intérprete de lingua de signos. No Centro de visitantes do parque das Illas Atlánticas (edificio Cambón, rúa Palma, 4. Casco Vello)

Máis información na web: snl.vigo.org
Descargar todas as imaxes