O alcalde anuncia un concerto da Coral Casablanca en defensa da autonomía xudicial viguesa
Así o avanzou este martes Abel Caballero, despois da reunión mantida con responsables sindicais e tras o posicionamento da permanente do Consello Xeral do Poder Xudicial en favor do organigrama proposto polo Ministerio de Xustiza, que sitúa unha única sede nas capitais de provincia. O concerto, a primeira acción reivindicativa do partido xudicial de Vigo, será o 27 de xuño na Porta do Sol.