Caballero compromete a cesión dun local para a Asociación Galega de Enfermidades Neuromusculares
Así o avanzou o rexedor despois dunha reunión mantida este luns cos responsables de ASEM, entidade coa que o goberno de Vigo colabora "de forma activa". Caballero indicou que lles felicitaron polas humanizacións realizadas, que lles facilitan os desprazamentos ás persoas con mobilidade reducida, explicou que ASEM é unha asociación de ámbito galego radicada en Vigo e na que a maior parte dos seus integrantes son vigueses. Plantearon apoio para conseguir un local e Caballero garantiu a cesión dun espazo para a súa actividade.