O alcalde anima á cidadanía a participar na marcha ciclista en favor de UNICEF
A terceira edición de "Pedaleando pola Infancia" terá lugar este domingo, desde as 11 horas na Praza do Rei, cun euro de donativo polo dorsal. Ademáis, ás 19 horas no Auditorio Mar de Vigo, o alumnado do colexio Niño Jesús de Praga representará "Sonrisas e Lágrimas", tamén en beneficio de UNICEF.
A cidade de Vigo acolle o próximo domingo, 22 de xuño, a terceira edición desta proba ciclista lúdico-solidaria, desde as 11 horas con saída e chegada na Praza do Rei e un euro de inscripción-donativo polo dorsal.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, presentou hoxe luns en rolda de prensa a marcha, animando á cidadanía a participar e amosar a solidariedade viguesa coas causas xustas. "Pedaleando pola Infancia" é unha das dúas actividades previstas para o domingo, xornada calificada como "O día de UNICEF en Vigo" pola súa presidenta na cidade, Gloria del Río, xa que pola tarde represéntase no Auditorio Mar de Vigo o musical "Sonrisas e Lágrimas".
A marcha ciclista partirá ás 11 da mañá da Praza do Rei para percorrer a continuación un circuíto urbano que discorre polas rúas Venezuela, Gran Vía, Lepanto, Alfonso XIII, García Barbón, Policarpo Sanz, Puerta do Sol, Pi i Margall, López Mora, Avenida Castelao, con volta na rotonda do Alcampo, para regresar pola Avenida Castelao e Camelias ata rematar novamente no punto de partida. A organización da proba corre a cargo do propio Concello de Vigo en colaboración co Club Ciclista Vigués-Autronic e A Golpe de Pedal.
Por outra banda, ás 19h está prevista no Auditorio Mar de Vigo unha representación do musical "Sonrisas y Lágrimas" por parte do alumnado do Colexio Niño Jesús de Praga de Vigo, único centro educativo da cidade coa distinción de Escola Amiga da Infancia concedida por UNICEF. Acompañarán ao alumnado vigués estudantes do Colexio Sagrado Corazón de Ribadeo. As entradas están á venda a través de Servinova a partires dos tres euros e todos os fondos acadados nesta representación estarán destinados ao programa Gotas para Níxer, unha campaña de UNICEF Comité Español que promove a mobilización encol do problema da auga potable, a hixiene e o saneamento neste país.
Descargar todas as imaxes