Escoitar

O goberno local formou en igualdade de xénero a 4.300 alumnos de Infantil e Primeria

A novena edición do programa municipal "Camiña con Nós pola Igualdade" concluíu este martes coa entrega de diplomas no CEIP Emilia Pardo Bazán á dirección e alumnado do centro, por parte do alcalde de Vigo, Abel Caballero. Máis de 4.300 estudantes de 45 colexios recibiron formación -adaptada ás idades dos estudantes- para educar en igualdade entre nenos e nenas.

martes, 17 xuñ 2014
1403006585igualdade.JPG
No CEIP Emilia Pardo Bazán, o alcalde, Abel Caballero, e a concelleira de Igualdade, Isaura Abelairas, fixeron este martes entrega dos diplomas pola clausura do programa municipal "Camiña con Nós pola Igualdade", que neste curso que remata acadou a súa novena edición coa formación de máis de 4.300 alumnos de Infantil e Primaria.

O Concello, mediante esta iniciativa, fomenta a educación e promove a igualdade de oportunidades entre nenos e nenas, ademáis de previr a violencia de xénero. Os monitores, mediante unha metodoloxía lúdica e participativa e adaptada ás necesidades e idades dos estudantes, imparten formación sobre xoguetes non sexistas, corresponsabilidade nas tarefas domésticas, estereotipos de xénero nos deportes, prevención da violencia, visibilización das mulleres na ciencia e roles e estereotipos na publicidade.
Descargar todas as imaxes