Escoitar

Vigo lidera un proxecto europeo de mobilidade sostible dotado con 1,5 millóns de euros

Mañá mércores celebrarase en Vigo a xornada de clausura do SUM PROJECT un proxecto europeo de mobilidade urbana que liderou a nosa cidade e contou cun orzamento de 1,5 millóns de euros. Esta iniciativa contribúe, a través da cooperación territorial, a promover e consolidar a mobilidade urbana sostible.

martes, 17 xuñ 2014
1403006736sum.JPG
Vigo acollerá mañá mércores a xornada de clausura do SUM PROJECT, un proxecto europeo que contribúe, a través da cooperacion interrexional, a promover e consolidar a mobilidade urbana sostible. Cun orzamento de 1,5 millóns, financiados por fondos Feder, esta iniciativa potencia o uso de vehículos eléctricos e fomenta o diálogo para elaborar unha estratexia europea conxunta para fortalecer esta mobilidade.

Tal e como explicou o rexedor en rolda de prensa, Vigo coordina este proxecto no que tamén participan outros territorios como Murcia; o Algarve (Portugal); Messina e de Reggio (Italia); Riga (Letonia); Katowye (Polonia); Vratsa e Sofía (Bulgaria); Amiéns (Francia); Esex (Reino Unido) e Suecia. O SUM PROJECT é unha das diversas iniciativas en materia de mobilidade sostible que impulsa o Concello, segundo aseverou o alcalde.
Descargar todas as imaxes