Escoitar

Caballero atribúe á "solidez" de Conxemar o seu éxito fronte á "competencia desleal" doutros territorios

Abel Caballero aseverou hoxe que as "feiras de Conxemar son a crónica dun éxito mundial recoñecido, que converte Vigo no centro da pesca internacional". Durante a presentación da segunda edición do congreso Whitefish, o alcalde explicou que a "solidez" deste evento lle permite facer fronte á "competecia desleal" doutros territorios.

venres, 20 set 2013
1379692320conxemar.JPG
A rolda de presentación do congreso Whitefish, antesala da feira de Conxemar, Caballero alabou a organización do evento "que convirte Vigo na capital da pesca mundial" e lle permite facer fronte á "competencia desleal" doutros eventos como Seafood. Destacou que a feira que comeza o día 1 de outubro no Ifevi "é a representación do que é esta cidade, capaz de triunfar nos bos e los malos momentos". Mostras como Conxemar, dixo, poñen en relieve a importancia do aeroporto, porque "sabemos a trascendencia que ten para a economía de Vigo, de Galicia e de España".

Conxemar celebrará o 30 de setembro a segunda edición deste congreso, coorganizado coa FAO, e que se centrará este ano no pescado branco, con especies como a pescada e o bacalao -que supoñen o 18% do total de peixe consumido en España- e tamén procedentes da acuicultura como a panga e a tilapia. O encontro sectorial contará coa participación dun total de 14 ponentes de 10 nacionalidades e ten máis de 320 persoas inscritas.
Descargar todas as imaxes