mércores, 18 set 2013
O Concello, o Colexio de Enxeñeiros Industriais de Galicia e FAIMEVI organizan as Xornadas Técnicas Galegas de Enerxías Renovables, que se celebran hoxe e mañá, 19 de setembro, no Auditorio Municipal. Caballero defendeu na inauguración que a sostenibilidade debe recuperar o protagonismo perdido pola crise.
mércores, 18 set 2013
Abel Caballero informou hoxe mércores da aprobación en Xunta de Goberno Local dun convenio coa Federación Provincial do Banco de Alimentos polo que o Concello achega 15.000 euros para costear o aluguer da nave da entidade. Sumando outros conceptos, o goberno de Vigo achega en 2013 un total de 83.000 euros ao Banco de Alimentos
mércores, 18 set 2013
O alcalde de Vigo apoiou hoxe mércores á asociación Afaga na presentación dos actos do Día Mundial do Alzheimer. A xornada conmemorativa será o sábado 21 de setembro no parque de Castrelos e contará con xogos, obradoiros e música para enfermos e familiares.
mércores, 18 set 2013
O Concello apoia unha "orixinal" iniciativa que pretende estudar as posibilidades de internet para facer música a través dun concerto "dislocado". Tal e como explicou o rexedor logo dun encontro cos promotores, o rexedor explicou que o obxectivo é executar unha obra de xeito simultáneo e en directo, en distintos espazos. En Vigo, será no Marco o venres, ás 19,30 horas.