O Concello costea a nave do Banco de Alimentos e totaliza 83.000 euros de apoio en 2013
Abel Caballero informou hoxe mércores da aprobación en Xunta de Goberno Local dun convenio coa Federación Provincial do Banco de Alimentos polo que o Concello achega 15.000 euros para costear o aluguer da nave da entidade. Sumando outros conceptos, o goberno de Vigo achega en 2013 un total de 83.000 euros ao Banco de Alimentos
O alcalde de Vigo deu conta este mércores dun acordo da última Xunta de Goberno Local para a aprobación dun convenio coa Federación Provincial Banco de Alimentos, segundo o cal o Concello achega á entidade 15.000 euros para costear o aluguer da súa nave.
Estes 15.000 euros para a sede súmanse ao convenio anual xa rubricado entre o Concello e o Banco de Alimentos para financiar as súas actividades por importe de 43.000 euros. E, en segundo lugar, o goberno de Vigo aporta este ano outros 25.000 euros con cargo aos 200.000 euros para comedores incluídos no plan social do Concello de apoio ás familias, dotado con 3 millóns de euros.
Máis convenios
O goberno local deu asemade luz verde a un convenio coa Fundación do Secretariado Xitano polo que a administración aporta 16.000 euros para actividades pola integración e contra a discriminación do colectivo. Por outra banda, o Concello acordou achegar outros 15.000 euros para o aluguer do local da Asociación de Diabéticos de Vigo.