O goberno local adica un millón de euros a bolsas de libros e comedor
Abel Caballero avanzou a aprobación de preto dun millón de euros para outorgar 3.600 bolsas de libros e comedor en infantil, primaria e secundaria. Así o dixo hoxe durante a inauguración do curso escolar no IES Alvaro Cunqueiro.
O goberno local aprobou hoxe martes nunha xunta de goberno extraordinaria unha partida de preto dun millón de euros para bolsas de libros e comedor. Durante a inauguración do curso escolar no IES Alvaro Cunqueiro, Caballero detallou que 80.000 euros serán para subvencionar 1.000 achegas de libros en infantil e 912.000 para axudar a 2.600 alumnos de infantil, primaria e secundaria. En total, outorgaránse 3.600 subvencións para o ensino público e concertado, o que supón un "importante" incremento respecto ao curso pasado. Tal e como explicou, os trámites de adxudicación foron máis complexos neste exercicio, dado que o número de solicitudes superou todos os límites.
O rexedor, por outra banda, amosou a súa satisfacción por participar na inauguración do curso escolar no EIS Alvaro Cunqueiro, un símbolo en Vigo, "porque é un dos centros docentes con maior calidade formativa en Vigo e en Galicia".
Descargar todas as imaxes