Escoitar

O Concello ofrece actividades para profundizar na concienciación social coa igualdade

Presentacións de libros, obradoiros, faladoiros, exposicións ou cursos varios son algunhas das actividades que acollerán ao longo dos catro próximos meses o Centro de Documentación e Recursos Feministas, así como a Casa das Mulleres. A concelleira Isaura Abelairas degranou hoxe luns o calendario de actos.

luns, 16 set 2013
1379331333isaura.JPG
A concelleira de Igualdade, Isaura Abelairas, presentou hoxe a programación das actividades que se desenvolverán no Centro de Documentación e Recursos Feministas de Vigo e na Casa das Mulleres ao longo deste último cuatrimestre do ano 2013. Durante a rolda de prensa, Abelairas explicou que o obxectivo é crear e manter espazos estables de participación para as mulleres de Vigo; promover a existencia dun tempo e un espazo propio para as mulleres; fomentar o asociacionismo feminino; así como formar, sensibilizar e concienciar á ciudadanía en materia de xénero e igualdade de oportunidades entre mulleres e homes.

O programa do Centro de Documentación e Recursos Feministas de Vigo, explicou, continuará desenvolvendo distintas actividades, que acadaron éxito en edicións anteriores:

PRESENTACIÓNS DE LIBROS, unha presentación mensual, que se inicará coa presentación o xoves 17 de outubro ás 19:00 h, do libro "HISTORIAS DE CRAZY BAR Y OTROS RELATOS DE LO IMPOSIBLE", das autoras Lola Robles e Concepción Regueiro.
En novembro: o xoves 7 de novembro ás 19.00 h presentación do libro " Quiero mi vida" da autora Carmen Novo Colldefors.
En decembro: o mércores 4 de decembro ás 19:00 h presentación do libro " Carne de Leviatán" da autora Chus Pato.

FALADOIROS DE LIBROS, neste cuatrimestre haberá dous:
O faladoiro do libro "Feminismos" con María Reimóndez o xoves 3 de outubro ás 19:00 h.
O faladoiro do libro " Destinada al crematorio" con Pablo Iglesias o xoves 12 de decembro ás 19:00 h.

CAFÉS LITERARIOS DO CLUB DE LECTURA. Realízanse un mércores ao mes, neste período están previstos 3: o 25 de setembro, o 30 de outubro e o 27 de novembro. Neles participan as mulleres que previamente están inscritas no Club de Lectura.

O CLUB DE LECTURA, confórmano un grupo estable e permanente de persoas inscritas previamente. As persoas que forman parte deste grupo, reciben en préstamo os libros incluídos na programación.
As sesións realízanse os último mércores de cada mes.

O CLUB DE LECTURA, conta con relatoras diferentes cada mes, mulleres escollidas dos distintos ámbitos sociais e culturais da cidade(mestras, profesoras, universitarias, políticas, escritoras, sindicalistas, xornalistas,...)


VIDEOFORUM, organizado en colaboración coa Rede de Mulleres Veciñais contra os Malos Tratos de Vigo.
Neste cuatrimestre proxectaranse un total de 4 títulos:o día 24 de setembro " El Cairo 678"do director Mohamed Diab
O día 24 de outubro "Las hermanas de la Magdalena" do director Peter Mullan.
O día 21 de novembro "Morir de pie" do director Jacaranda Correa.
O día 17 de decembro " Hedwig and the Angry Inch" do director Cameron Mitchell.


CICLOS DE CHARLAS, "NOVAS CREADORAS, NOVOS VALORES ".

O CICLO contará coa presenza de: UXÍA SENLLE, ANNA AMORÓS E MAR CALDAS , que intervirán presentando a mulleres mozas que incian as súas carreiras profesionais na MÚSICA, NO CINE OU NA ARTE, relatando ademáis desde a súa experiencia persoal o papel e a presenza das mulleres nestas tres disciplinas: música, cine e arte.


CICLOS DE CHARLAS, "HISTORIAS VIVIDAS... E CONTADAS POLAS SÚAS PROTAGONISTAS"

O CICLO contará coa presenza de:

TARSY CARBALLAS, CARMEN KRUCKENBERG, MARGARITA VINAS E MARGARITA CABALLERO



A responsable municipal de Igualdade estivo acompañada de 3 das monitoras que impartirán distintos obradoiros na Casa das Mulleres: Rosa Faraldo, psicóloga, monitora do módulo de Igualdade; Pilar Lorenzo, terapeuta da Risa e responsable do Club da Risa e María Soliño, licenciada en belas artes,monitora do obradoiro Retrat-Arte. O Centro de Documentación e Recursos feministas está situado na rúa Joaquín Yáñez, 6, no segundo andar da Biblioteca Pública Central, cun horario de luns e venres de 11:00 a 13:00 h e martes, mércores e xoves de 16:30 a 20:30 h.

O Centro de Documentación e Recursos Feministas é un servizo municipal adscrito ao servizo de Igualdade, inaugurado en marzo do ano 2010. É un servizo de xestión de información, documentación, e materiais de traballo sobre muller, xénero e igualdade dirixido ao público en xeral ou a persoal especializado e interesado nas citadas temáticas.

Pola súa banda, a Casa das Mulleres organizará neste último cuatrimestre de 2013 as seguintes actividades:



PROXECCIÓN DO DOCUMENTAL "APUNTAMENTOS PARA UN FILME", que recolle testemuños dos que agroman as personaxes da ficción do filme A cicatriz Blanca. Presentación e coloquio a cargo de Margarita Ledo , guionista e directora do filme. O mércores 18 de setembro ás 19:30 h.

OBRADOIROS FORMATIVOS. As persoas interesadas poderán inscribirse na Concellería de Igualdade a partir deste venres día 20 ata cubrir prazas

Ademais, neste cuatrimestre desenvolveranse 4 OBRADOIROS.

" RETRAT-ARTE", impartido por María Soliño González, Licenciada BelasArtes.

Obxectivo: a través do debuxo someter a xuízo a nova valoración persoal e a compararemos co que poden observar as e os demais de nos. Utilizar a caricatura para aprender a "rirnos" de nós mesmas, sen complexos. Non é necesario dispoñer de coñecementos artísticos previos.

" TEATRO LIDO ", impartido pola actriz Uxía Blanco.

Obxectivo: a través da lectura de textos teatrais coñeceremos e valoraremos a nosa propia valía, favorecendo as interrelacións en grupo e vencendo o medo a falar en público...

" XÉNERO E IGUALDADE DE OPORTUNIDADES ENTRE MULLERES E HOMES. ANÁLISE DOS FACTORES QUE INTERVEÑEN NA DESIGUALDADE", impartido pola psicóloga Rosa Faraldo.

Obxectivo: visibilizar e identificar dun xeito práctico as desigualdades de xénero existentes nos distintos ámbitos e esferas das nosas vidas e reflexionar sobre as repercusións e consecuencias que estas diferenzas teñen na vida de mulleres e homes.


" COMUNICACIÓN EN CLAVE DE XÉNERO. ESTRATEXIAS PARA A UTILIZACIÓN DUNHA LINGUAXE INCLUSIVA", impartido pola xornalista Ana Belén Puñal.

Obxectivo: detectar e desvelar o sexismo implícito na linguaxe así como facilitar estratexias para o emprego dunha linguaxe inclusiva na comunicación oral e escrita.


UN CLUB DA RISA, coa finalidade de promover a saúde física, mental, emocional e social a través da risa, o club fomenta o desenvolvemento de fortalezas humanas como a risa, a creatividade, o optimismo, a empatía, facendo especial fincapé en sentimentos positivos como o autoaprecio, a cooperación e a alegría de vivir.

AULA ABERTA DE INFORMÁTICA, posta en marcha no 2012 e ampliada agora a 3 tardes á semana. Con un apoio directo a aquelas mulleres que queiran achegarse ao mundo das novas tecnoloxías.

UNHA SALA DE EXPOSICIÓNS CUNHA PROGRAMACIÓN QUINCENAL, por exemplo o próximo mes de novembro do 4 ao 15 estará a mostra "A CIENCIA TEN NOME DE MULLER", elaborada polo IES Porta da Auga de Ribadeo, e do 18 ao 29, terá lugar a " MOSTRA DE TRABALLOS REALIZADOS POLO ALUMNADO VIGUÉS CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO", ambas exposicións organizadas pola Concellería de Igualdade.
Descargar todas as imaxes