Escoitar

Goberno de Vigo, comerciantes e hostaleiros prorrogan ata fin de ano os mercadiños dos sábados no Casco Vello

O alcalde rubricou este venres o acordo coa Asociación Vigo Vello e a Sociedade Galega de Difusión e Conservación do Patrimonio para a realización, ata o 31 de decembro, dos mercadiños dos sábados no Casco Vello.

venres, 13 set 2013
1379087965mercadillo.JPG
En declaracións aos medios, Abel Caballero indicou que, en virtude da prórroga deste acordo, o Concello autoriza 40 postos de madeira e 8 de metacrilato para a venda, difusión e conservación do patrimonio, unha iniciativa valorada polos establecementos da zona histórica que foi posta en marcha no verán de 2012 e prorrogada en xaneiro deste ano.

Esta proposta converte ao Casco Vello en lugar de encontro e as tres partes consideraron convinte manter esta iniciativa ata finais de ano. O convenio exclúe ás prazas da Constitución e da Princesa, ao entender de común acordo que non precisan dun apoio deste tipo.
Descargar todas as imaxes