Escoitar

Vigo será a cidade de saída e chegada da primeira etapa da Volta Ciclista a Galicia

Mañá venres comeza en Vigo a duodécima edición do certame ciclista e o alcalde de Vigo agradeceu hoxe á Federación Galega a elección da cidade como punto de partida. Ás 14 horas toman a saída os 119 ciclistas que participan na Volta a Galicia desde a Porta do Sol, onde rematará a etapa entre as 17 e as 17:30 horas.

xoves, 12 set 2013
1378987635ciclismo.JPG
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, amosouse este xoves satisfeito pola elección da cidade como punto de partida da edición 2013 da Volta Ciclista a Galicia, que se desenvolverá desde mañá e durante a fin de semana.

A primeira etapa parte da viguesa Porta do Sol ás 14 horas, con saída neutralizada ata chegar á Avenida de Castelao, onde está situado o quilómetro cero da xornada. O pelotón chegará a Samil e deixará Vigo por Canido, para acoller novamente o final da etapa entrando por Ángel de Lema y Marina, Bos Aires, Sanjurjo Badía, García Barbón, Policarpo Sanz e a Porta do Sol.

119 ciclistas de 17 formacións da península e a selección arxentina, incluidos seis equipos galegos e un de Vigo, tomarán a saída no día de apertura da Volta, que presenta un traxecto de 129,4 quilómetros e atravesará os municipios de Nigrán, Baiona, Oia, A Guarda, Tui, Porriño, Mos e Redondela.
Descargar todas as imaxes