Escoitar

Orde do día da Xunta de Goberno Local

xoves, 12 set 2013
ASUNTOS PARA INCLUIR NA SESIÓN ORDINARIA DA XUNTA DE GOBERNO LOCAL DO 13 SETEMBRO DE 2013.


1.- Acta da sesión ordinaria do 30 de agosto da sesión extraordinaria e urxente do 3 de setembro de 2013.

BENESTAR SOCIAL
2.- Prestación do Servizo de Axuda no Fogar: alta expte. 11/1488.

BOMBEIROS
3.- Proxecto de execución de establecemento mellora e ampliación dos servizos de extinción de incendios no Parque Central de Teis do Servizo de Bombeiros do Concello de Vigo. Expte. 3092/213.

CONTRATACIÓN
4.- Devolución de fianzas:
a) Dobre 0 S.L. Expte. 4562/241.
b) IMATIA INNOVATION S.L. Expte. 6706/113.

CULTURA, FESTAS E MUSEOS
5.- Expediente de contratación por procedemento aberto dos servizos de vixilancia de seguridade e mantemento de instalacións de seguridade na rede de Museos de Vigo. Expte. 457/341.

6.- Préstamo de dúas obras de Imeldo Corral do Museo Quiñones de León á Fundación Novacaixagalicia. Expte. 4826/337.

EMPREGO
7.- Proxecto de convenio de colaboración entre o Concello de Vigo e a Fundación Secretariado Xitano para a realización de actividades de loita contra a discriminación racial. Expte. 10251/77.

FOMENTO
8.- Proposta de autorización para a redacción do Proxecto "Modificado nº 1 do proxecto básico e de execución da remodelación do Mercado do Berbés". Expte. 2032/440.

LABORATORIO
9.- Proxecto de convenio de colaboración en materia hixienico-sanitaria entre o Excmo. Concello de Vigo e o Consorcio da Zona Franca de Vigo. Expte. 3788/313.


PARTICIPACIÓN CIDADÁ
10.- Proxecto de convenio de colaboración entre o Concello de Vigo e a Fundación Provincial Banco de Alimentos de Vigo para axudar ao financiamento dos gastos de mantemento do local social entre os meses de xaneiro a outubro de 2013. Expte. 6275/320.

11.- Proxecto de convenio de colaboración entre o Concello de Vigo e a Asociación de Diabéticos de Vigo (ADIVI) para o fomento das actividades da entidade no 2013 mediante colaboración no financiamento dos gastos de aluguer e mantemento do local social entre os meses de xaneiro a outubro de 2013. Expte. 6275/320.

12.- Proposta de concesión de axudas da "convocatoria de axudas contra a crise para atender necesidades básicas de alimentos e servizos de comedor social, para o exercizo 2013". Expte. 6106/320.

PATRIMONIO
13.- Proposta para declarar resolta a concesión administrativa do Restaurante 2-M-3, na praia de Samil s/n, de Dª. Caridad Falagan García. Expte. 19647/240.

PATRIMONIO HISTÓRICO
14.- Proxecto de execución da segunda fase do Centro Galego de Fotografía. Expte. 7023/307.

POLICÍA LOCAL
15.- Revisión do prezo do contrato do sistema de radiocomunicacións de voz e datos – sistema Trunking. Expte. 37774/212.

XUVENTUDE
16.- Indemnización substitutiva por importe de 7.920,00 € a favor de Xoma Iniciativas Sociais en concepto de asistencia técnica para o asesoramento en información e dinamización xuvenil do mes de xullo de 2013. Expte. 4018/336.

17.- Indemnización substitutiva por importe de 6.128,66 € a favor de Concepción Cuña Pérez en concepto de xestión do Punto Xove durante o mes de xullo de 2013. Expte. 4020/336.

18.- Indemnización substitutiva por importe de 13.718,29 € a favor da Fundación de Estudos e Análise Fesan en concepto de Prestación do servizo de atención a nenos e nenas nas Ludotecas da Casa da Xuventude e Pavillón de Coia durante o mes de xullo de 2013. Expte. 4018/336.

19.- Expediente de contratación do Servizo de xestión do Centro de usos múltiples Vigosónico. Expte. Expte. 3927/336.

20.- Rogos e preguntas.

DECRETO DE CONVOCATORIA
Examinada a relación de asuntos precedentes correspondentes ós expedientes para a súa inclusión na orde do día, convoco á Xunta de Goberno Local para realizar sesión ordinaria na súa Sala o día 13 de setembro de 2013, ás 9,00 h. en primeira convocatoria e, de non existir quórum, unha hora despois (10,00 h.) en segunda convocatoria, para resolver os asuntos da devandita relación.

Notifíquese ós Sres. e Sras. membros da Xunta de Goberno Local; á titular da Asesoría Xurídica, ao interventor xeral, á titular do Órgano de Apoio á Xunta de Goberno Local e ós demais membros do grupo político municipal do PSdG-PSOE . Fágase público no taboleiro da Casa do Concello para ós efectos de información.


Vigo, 11 de setembro de 2013.
me.
O ALCALDE, A CONCELLEIRA SECRETARIA DA
XUNTA DE GOBERNO LOCAL,


Abel Caballero Álvarez Dª. Isaura Abelairas Rodríguez.