Escoitar

A rúa do Príncipe acollerá o luns 200 partidas simultáneas polo Festival de Xadrez

A reunión en Vigo -por primeira vez en España- da European Chess Union esta fin de semana é o motivo da organización do Festival de Xadrez, presentado este xoves no Concello por Abel Caballero e Sara Gude, do comité organizador. A tarde do luns, 200 participantes xogarán partidas simultáneas contra dez mestres galegos do xadrez.

xoves, 12 set 2013
1378987601ajedrez.JPG
O evento do sábado, tal e como explicaron o alcalde e a organizadora, comeza pola tarde, cando cada un dos dez mestres galegos de xadrez xogarán veinte partidas sumultáneas contra outros tantos participantes na rúa do Príncipe, que acollerá por tanto un total de 200 partidas entre as 16 e as 18 horas. Os interesados en participar poden inscribirse de balde na páxina www.festivalajedrez.com

Posteriormente, desde as 18 ás 19 horas da tarde do luns, Vigo será sede de sendas ponencias de Silvio Danailov, o presidente da European Chess Union, e de Antonio Gude, escritor vigués de referencia no xadrez. Unha vez rematadas as conferencias terá lugar a ceremonia de entrega de premios.
Descargar todas as imaxes